Parga, ponte sobre o

Parga, ponte sobre o

Construción situada sobre o río Parga, ao seu paso por Parga (Guitiriz). Trátase dunha ponte realizada no s XV, en cantaría, con catro vans formados por arcos oxivais e tallamares triangulares. Posteriormente ampliouse o seu ancho sobre ménsulas de formigón. Une o antigo camiño de Lugo a Betanzos.