París, Conversas de

París, Conversas de

Conxunto de reunións celebradas en París, de maio de 1968 a xaneiro de 1973, entre unha delegación estadounidense e unha norvietnamita, para tratar a fin da Guerra de Vietnam. Culminaron nun tratado de paz, negociado por H. Kissinger (EE UU) e Le Duc Tho (Vietnam do Norte), que recolleu o cesamento do fogo, a retirada das forzas estadounidenses de Vietnam, a creación dunha comisión internacional de control e a supervisión e formación dun consello nacional vietnamita de reconciliación e concordia.