París, Pacto de
París, Pacto de
Acordo xestionado en París, de febreiro a xuño de 1659, entre o representante de Filipe IV de Castela, Antonio Pimentel, e Hugues de Lionne, secretario do cardeal Mazzarino. Este conseguiu que Antonio Pimentel aceptase a desmembración de Catalunya coa cesión de Rosellón a Francia, e o convenio de matrimonio entre Luís XIV e María Tareixa, filla de Filipe IV. O pacto foi asinado como acto previo ao Tratado dos Pireneos e permitiu a suspensión das hostilidades.