Parnaso
Parnaso
Macizo montañoso de Grecia Central, situado ao N do golfo de Corinto e nos límites dos nomoí de Fócida, Élide e Ftiótide. Está constituído por unha gran masa calcaria con cumios superiores a 2.400 m. Na antigüidade a montaña estivo consagrada a Apolo e Dióniso, e, como sede das Musas, converteuse en símbolo da poesía.