Temas

Tibesti

Macizo montañoso de África sahariana, situado ao N de Chad e que se estende tamén polo S de Libia e por un pequeno sector do NL de Níxer. Acada 3.415 m no monte Emi Koussi, altitude máxima do Sáhara. Ten algúns sectores esteparios e algúns oasis na periferia.

Más >
Manzaneda, macizo de

Sistema montañoso que se localiza no SL de Galicia, na provincia de Ourense, cunha altitude media superior aos 1.300 m. Está formado polas serras da Queixa, San Mamede, O Burgo, Fial das Corzas e os montes do Parque Natural do Invernadeiro. Globalmente non ten unha dirección definida. Limita ao N co val do Sil, ao S coa depresión de Monterrei, ao SO coa da Limia, ao L coas de Valdeorras e O Barco, e ao O coa de Maceda. O seu cumio localízase en Cabeza de Manzaneda e acada os 1.782 m de altitude. A litoloxía está composta por migmatitas, xabre e granito de dúas micas. O seu relevo é o resultado de diversos factores, como a diversidade litolóxica, a alteración terciaria, a morfoxénese fluvial, o glaciarismo e o periglaciarismo.

Más >
Maramureş

Macizo de Romanía, situado nos Cárpatos orientais. O seu pico máis alto é o Rodna (2.300 m alt).

Más >
Selva Negra

Macizo herciniano situado no SO de Alemaña. Está formado por un zócolo granítico e metamórfico recuberto por materiais do Mesozoico, calcarias e greses. Forma un horst que domina en forma abrupta a chaira do Rin, cunha sucesión de fallas verticais (chanzos), que descenden suavemente cara ao Württemberg. Cara ao O van as augas afluentes do Rin; cara ao L, as augas afluentes do Danubio e o Neckar. Predomina un clima continental de montaña, con invernos moi fríos, e unha vexetación de faias e abetos. A súa economía baséase na agricultura e na gandaría, xunto con industrias téxtiles, de vidro, papel e madeira.

Más >
Chibiny

Macizo da península de Kola, Rusia (1.240 m). Posúe xacementos de fosfatos, bauxita e cobre.

Más >
Ēlāmalai

Macizo montañoso do estado de Kerala, India, no s dos Ghats Occidentais, que chega ata os 1.380 m de altitude. Coñécese polas súas extensas plantacións de té, café e bambú.

Más >
Grampianos, montes

Macizo caledoniano de Escocia, situado entre o Glen More e os Lowlands. Ao O sitúanse as máximas altitudes de Gran Bretaña: Ben Navis (1.343 m) e Ben Macdhui (1.309 m). Os antigos glaciares escavaron profundos e encaixados vales (lochs).

Más >
Black Hills

Macizo montañoso dos EE UU, rama oriental do sistema montañoso das Rochosas. Situado nas Grandes Chairas, ocupa o SO de Dakota do Sur e o NL de Wyoming. O seu cumio é o Harney Peak, de 2.207 m de altitude. No seu interior hai xacementos de ouro, prata e chumbo. O principal atractivo turístico da rexión é a obra do escultor Gutzon Borglum que representa os bustos dos presidentes Washington, Jefferson, Lincoln e Theodore Roosevelt, esculpidos sobre a rocha da montaña.

Más >
Owen Stanley

Macizo montañoso de Nova Guinea, Papua Nova Guinea, situado no SL da illa. Acada a súa altura máxima no monte Vitoria, a 4.047 m de altitude.

Más >
Loading