parque

parque

(< fr parc)

  1. Espazo de terreo aberto, delimitado con árbores e plantas destinado principalmente ao lecer.

  2. Espazo de terreo aberto, delimitado con árbores e plantas destinado principalmente ao lecer.

  3. Lugar extenso e agreste destinado á conservación da fauna e flora.

  4. s m parque nacional [ECOL]
    1. s m

      Lugar extenso e agreste destinado á conservación da fauna e flora.

    2. parque nacional [ECOL]

      Espazo natural protexido que consiste xeralmente nun territorio extenso que presenta sistemas naturais de particular interese científico, educativo e recreativo, nada ou pouco transformados pola explotación e a ocupación humanas. A declaración de parque nacional correspóndelle á máis alta autoridade do país onde se atopa, que regula o acceso e vela por protexer estes espazos naturais. O primeiro parque nacional do mundo foi o de Yellowstone, nos estados norteamericanos de Idaho, Montana e Wyoming, creado en 1872. En Galicia só hai o Parque Nacional das Illas Atlánticas, creado en 2002.

    3. parque natural [ECOL]

      Espazo natural protexido que consiste xeralmente nun territorio dunha certa extensión e pouco ou moi habitado e explotado, que presenta valores naturais de particular interese científico, educativo e recreativo. A súa declaración correspóndelle á autoridade competente que vela por asegurar a permanencia destes valores dunha maneira compatible co aproveitamento ordenado dos recursos do parque e a actividade dos seus habitantes. En Galicia hai 6 parques naturais: o do Monte Aloia, que foi o primeiro da comunidade galega, o da Baixa Limia-Serra do Xurés, o do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, o do Invernadeiro, o das Fragas do Eume e o da Serra da Enciña da Lastra.

  5. [BÉL]
  6. s m parque móbil
    1. s m

      Conxunto de aparatos ou material destinados a un servizo público.

      Ex: O parque sanitario incrementouse este ano. Consideran o parque automobilístico insuficiente.

    2. parque móbil

      Conxunto de vehículos de propiedade estatal ao servizo dun organismo ou administración.

  7. s m

    Lugar de lecer dotado de piscinas e outras instalacións para xogos de auga.

  8. parque acuático

    Recinto estable cercado que presenta numerosas e variadas atraccións mecánicas.

  9. parque de atraccións

    Conxunto de aeroxeradores agrupados que tranforman a enerxía eólica en enerxía eléctrica. A enerxía eléctrica que se produce nestes parques pódese empregar para satisfacer as necesidades eléctricas dunha poboación ou sumarse á produción xerada polos sistemas convencionais. As zonas máis favorables para a súa implantación son zonas costeiras e grandes estepas, onde os ventos sopran regularmente e cunha velocidade media superior aos 30 km/h. O primeiro parque eólico que se instalou en Galicia foi o de Cabo Vilán, na comarca de Camariñas.

  10. parque eólico [TECNOL]

    parque zoolóxico.