Parque del Buen Retiro ou El Retiro

Parque del Buen Retiro ou El Retiro

Parque situado en Madrid, cunha extensión de 135 ha e con máis de 15.000 árbores e 3.000 arbustos, de moitas especies diferentes. Filipe IV mandou construír neste lugar o Palacio del Buen Retiro, do que só se conserva o coñecido como salón de reinos e os xardíns. Do seu patrimonio arquitectónico destacan o monumento a Afonso XII, obra modernista construída ao pé do lago por José Grasés Riera; o palacio de Velázquez e o palacio de cristal, realizados polo arquitecto Ricardo Velázquez Bosco e o monumento ecuestre a Martínez de Campos. Foi declarado BIC en 1935.