Partenopea, República
Partenopea, República
Estado creado polo Directorio francés, por mediación do xeneral Championnet, no Reino de Nápoles en 1799, para formar un réxime favorable a Francia, que facilitase a invasión do territorio. Os realistas, axudados por Rusia e Reino Unido, derrocárono comandados polo cardeal Ruffo, que no mes de xuño tomou a cidade.