Parti Radical
Parti Radical
Partido francés fundado en 1901 co nome de Parti Républicain-Radical et Radicalsocialiste. Tiña como obxectivo o desenvolvemento dos principios herdados da Revolución Francesa e constituíuse ao redor de grupos políticos dominados por persoeiros. O desencadeante da súa constitución (1901) foi a axitación promovida polo caso Dreyfus. Constituíu a á dereita da Fronte Popular. Tras a Segunda Guerra Mundial sufriu escisións e divisións diversas e non conseguiu renovarse. En 1972-1973 escindiuse entre o Mouvement des Radicaux de Gauche (MRG) e o sector ortodoxo, que forma parte da Union pour la Démocratie Française (UDF).