Parti Socialiste Belge
Organización política fundada en 1885 co nome de Parti Ouvrier Belge. Dirixido por César de Paepe e, despois, por Emile Vandervelde, loitou por obter o sufraxio universal (1919) e por unha mellora das condicións de vida e de traballo. Ao se producir a invasión alemá, Hendrik de Man, o seu presidente, disolveuno (1940), pero a base reconstruíuno na clandestinidade (1945). Despois da Segunda Guerra Mundial, os socialistas participaron en diversos gobernos de coalición con socialcristiáns e liberais, fixeron promulgar medidas sociais, defenderon a laicidade do ensino e impulsaron unha política europeísta. Os conflitos lingüísticos entre valóns e flamengos da década de 1960 provocaron que adoptase unha estrutura independente para cada comunidade.