Partido de los Trabajadores

Partido de los Trabajadores
Nome científico: [PT]

Partido político de ámbito estatal creado en 1979 da fusión do Partido del Trabajo de España (PTE) e a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT). Contaba con organizacións autónomas nas diversas comunidades. O seu programa, moderado e parlamentarista, apoiaba a consolidación democrática. A precariedade desta fusión e unha forte crise interna provocaron a súa desaparición a mediados da década de 1980.