Partido Demócrata Popular
Partido Demócrata Popular
Nome científico:
[PDP]
Organización política española xurdida en 1982 da escisión da parte máis conservadora da Unión de Centro Democrático. Baixo a presidencia de Óscar Alzaga Villamil, pactou unha coalición con Alianza Popular. Ao mesmo tempo, conseguiu ser o principal partido de ideoloxía democratacristiá no ámbito español, a pesar de que a súa pretensión de se converter na forza hexemónica de centrodereita finalmente produciu a ruptura definitiva entre ambas as forzas en 1986, pouco despois das eleccións xerais.