Partido Demócrata Posibilista

Partido Demócrata Posibilista

Grupo político republicano formado por E. Castelar en 1876 como Partido Demócrata e que adoptou a denominación de Demócrata Posibilista en 1879 para se diferenciar dos progresistas demócratas de Cristino Martos. Centrou o seu programa unicamente na consecución do sufraxio universal e na participación electoral.