Partido Galego do Proletariado

Partido Galego do Proletariado
Nome científico: [PGP]

Partido político que tivo a súa orixe nunha escisión dun grupo de militantes da Unión do Pobo Galego (UPG)-Liña Proletaria, en 1977, entre os que destacou X. L. Méndez Ferrín. O motivo desta ruptura foi a falta de acción nacionalista na UPG, partido ao que se acusaba de abandonar a causa revolucionaria por presentarse ás eleccións. Definiuse como marxista-leninista, nacionalista, independentista e partidario da loita armada.