Partido Galeguista
Partido Galeguista
Partido político xurdido en Santiago de Compostela en 1978. Legalizado en 1979, declarouse continuador da liña programática do Partido Galeguista dos anos trinta e por iso asumiu o seu nome. Elaborou o seu propio anteproxecto de Autonomía de Galicia, participou nas eleccións de 1979, dentro da coalición Unidade Galega, e na redacción do Estatuto dos 16. Durante esta nova etapa loitou pola consecución dun Estatuto de Autonomía semellante ao de Euskadi e Catalunya e asinou o Pacto do Hostal. En 1984 o PG decidiu disolverse e integrarse en Coalición Galega.