Partido Galeguista
Partido Galeguista
Nome científico:
[PG]
Partido político creado en Pontevedra en 2004. Xurdiu no VIII Congreso de Refundación do PG. O seu secretario xeral é Manuel Soto Ferreiro e o presidente Xabier González. No eido político persegue unha reforma estrutural da situación política galega comezando cunha reforma do Estatuto de Autonomía e unha reformulación da Constitución, e propón a desaparición das deputacións provinciais en favor de poderes organizados comarcalmente. No eido económico cualifica a súa política de centro, coa prioridade de crear emprego, e no eido social unha política de progreso.