Partido Reformista Democrático

Partido Reformista Democrático
Nome científico: [PRD]

Organización política que se constituíu en Madrid en 1984. Aglutinou, sobre todo, militantes da Unión de Centro Democrático e estivo presidida por Antonio Garrigues Walker. Presentouse ás eleccións de 1986 pero, ao non conseguir representación parlamentaria, disolveuse.