Partido Republicano Democrático Federal de Galicia ou Partido Federal de Galicia

Partido Republicano Democrático Federal de Galicia ou Partido Federal de Galicia

Organización política creada por iniciativa do comité federal de Vigo na Asemblea Cantonal de Galicia de Santiago de Compostela (1873). No programa electoral defenderon a proclamación da república federal, a autonomía de Galicia, as reformas sociais, a redención dos foros e a problemática do ferrocarril, ademais de recoller as aspiracións dos sectores máis populares. O consello executivo, formado, entre outros membros, por Aureliano Xosé Pereira de la Riva, Ramón Pérez Costales e Segundo Moreno Barcia, presentou un Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galaico (1887). A aparición do rexionalismo conseguiu que perdese o apoio dun amplo sector do galeguismo.