Partido Socialista Português

Partido Socialista Português
Nome científico: [PSP]

Organización política fundada en 1875 en Lisboa polo obreiro de orixe suíza José Fontana e núcleos influídos pola Asociación Internacional de Traballadores. Adoptou unha liña política reformista e antimonárquica e intentou elevar o nivel cultural da poboación. O golpe de estado de 1926 declarouno fóra da lei e foi refundado, cunha orientación moderada, por Mário Soares (1972), co novo nome de Partido Socialista. Tras a revolución de 1974 participou nos primeiros gobernos provisionais, tivo a maioría relativa na asemblea constituínte de 1975 e gobernou en 1976-1978 e en 1983-1985 (en coalición co Partido Social Demócrata). Nas eleccións anticipadas de 1985 só obtivo o 20% dos votos. Estes resultados foron mellorando paulatinamente ata que gañou as eleccións lexislativas de 1995 por maioría simple e António M. de Oliveira Guterres formou goberno en minoría. Nas eleccións presidenciais de 1996 Jorge Sampaio, en substitución de M. Soares, foi elixido presidente do país.