Partido Socialrevolucionario Ruso
Partido Socialrevolucionario Ruso
Nome científico:
[PSR]
Organización política rusa que xurdiu en 1901 da fusión dos grupos populistas moi influídos polo anarquismo e polo revisionismo. Defendía a colectivización da terra no marco do mir (‘comunidade campesiña tradicional’) e o acto terrorista individual. Participou, con Aleksandr F. Kerenskij, no goberno provisional formado en marzo de 1917. Co triunfo da Revolución de Outubro, o PSR escindiuse: a á dereita, cos menxeviques, abandonou o congreso dos soviets, mentres que a á esquerda apoiou, temporalmente, os bolxeviques.