pasada
(< 1 pasar)
-
s
f
-
Acción de pasar dun lugar a outro.
Ex: Aquí a pasada dunha beira á outra é perigosa.
-
Acción de pasar sobre un lugar, especialmente un aparato aéreo.
Ex: Realizou varias pasadas despois das acrobacias.
-
Acción de pasar sobre unha superficie.
Ex: Deulle unha pasada de xabón á roupa antes de metela na lavadora.
-
-
s
f
-
Cada unha das veces que se repite a mesma operación sobre algunha cousa.
Ex: Unha pasada de pintura.
-
[TECNOL]
Acción de someter unha peza ao traballo dunha ferramenta durante un só ciclo mecánico da máquina-ferramenta. Distínguese entre a pasada de desbaste, de gran profundidade e efectuada para lle dar á peza a forma desexada, e a pasada de acabado, de pouca profundidade, que permite obter as medidas exactas e pulir a superficie.
-
-
s
f
-
Movemento dos pés que se fai ao andar.
Ex: Tes un andar e unha pasada peculiar.
-
Distancia que hai entre os puntos onde se apoian os pés ao andar.
Ex: Tres pasadas máis e caes na trampa.
-
Marca que deixa o pé no chan ao pisar.
Ex: A policía seguiu as pasadas do ladrón.
Sinónimos: pegada.
-
-
Malleira que se lle dá a unha persoa ou animal.