pegada
pegada
(< lat v *pedicata)
-
s
f
Sinal que deixa no chan o pé ao pisar.
Ex: Víanse as pegadas dun oso. Entrou coas botas sucias e deixou as pegadas no dormitorio.
Sinónimos: pasada, pisada, pisadura. -
s
f
Sinal, marca ou vestixio que queda como testemuño, despois dun proceso, acontecemento ou acción.
Ex: A policía rexistrou a casa pero non atopou ningunha pegada. Na nosa cultura quedou a pegada de distintos pobos.
Confrontacións: pista.