pegada

pegada

(< lat v *pedicata)

  1. s f

    Sinal que deixa no chan o pé ao pisar.

    Ex: Víanse as pegadas dun oso. Entrou coas botas sucias e deixou as pegadas no dormitorio.

    Sinónimos: pasada, pisada, pisadura.
  2. s f

    Sinal, marca ou vestixio que queda como testemuño, despois dun proceso, acontecemento ou acción.

    Ex: A policía rexistrou a casa pero non atopou ningunha pegada. Na nosa cultura quedou a pegada de distintos pobos.

    Confrontacións: pista.

Palabras veciñas

pega | 1 péga | 2 péga | pegada | pegadizo -za | Pegalajar | pegañar