pista

pista

(

  1. s f
    1. Sinal ou marca que deixa unha persoa, un animal ou unha cousa, alí por onde pasa.

      Ex: Seguiron as pistas do oso ata que o fotografaron.

      Sinónimos: rastro. Confrontacións: pegada.
    2. Sinal, noticia ou indicio que axuda a descubrir algo.

      Ex: Necesitamos algunha pista para resolver o xeroglifo. Seguen sen pistas sobre o paradoiro da parella.

      Confrontacións: pegada.
    1. s f

      ía, xeralmente sen asfaltar, destinada á circulación de vehículos ou persoas.

      Ex: Coa concentración parcelaria fixéronse novas pistas. Para chegar á igrexa colle a segunda pista á dereita.

    2. pista forestal

      ía sen asfaltar, coa anchura estritamente necesaria para o paso de automóbiles, destinada á explotación e conservación de bosques.

  2. s f

    Faixa de terreo, axeitadamente sinalizado, onde poden ser realizadas dunha maneira segura as manobras de inicio do voo e aterraxe de aeronaves.

  3. s f
    1. [DEP]

      Lugar cuberto, ou ao aire libre, que se emprega temporal ou permanentemente para diversas manifestacións deportivas, especialmente carreiras. En atletismo son dúas faixas de terreo paralelas e da mesma medida, unidas por dúas curvas simétricas; o piso, horizontal e nivelado, é de terra batida, cinza, ou tartán. As pistas divídense en rúas e teñen unha lonxitude aproximada de entre 200 e 400 m. En automobilismo, as pistas poden ser un trazado de estrada habilitado especialmente para carreiras (circuíto). En ciclismo, as pistas específicas denomínanse velódromos, e para os exercicios ecuestres utilízanse os hipódromos.

    2. [ESPECT]

      Espazo de terreo plano ou plataforma oportunamente preparada, que se reserva para manifestacións deportivas ou recreativas que non son propiamente carreiras, como por exemplo o baile, a patinaxe, o circo, etc.

  4. s f [TECNOL/INFORM]

    Zona de soporte móbil da información (cinta, disco, tambor ou película), nos sistemas de rexistro da información (magnéticos, con magnetófonos, ordenadores ou ópticos), onde se rexistra unha información determinada. É corrente dispoñer diversas pistas nun mesmo soporte. As dun disco informático son circulares e concéntricas, e cada cara dun disco contén un número determinado de pistas, cada unha das que se subdivide en diferentes elementos, denominados sectores. Nos discos duros, onde hai máis de dúas caras, as diferentes pistas que se atopan á mesma distancia do centro constitúen un cilindro.