Pegalajar
Pegalajar
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado nos contrafortes da serra de Mágina, ao L de Jaén (3.118 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, sobre todo nos cultivos de oliveiras, cereais e froiteiras, e nas industrias alimentarias, centradas na elaboración de aceite.