Pasarón Lastra, Ramón
Xurista, irmán de Ubaldo e Manuel Pasarón Lastra. Foi xuíz de Viveiro (1838) e xuíz de primeira instancia en Ferrol (1841), maxistrado da Audiencia de Valladolid (1842) e ministro da Audiencia de Pamplona (1843). Membro dos progresistas, foi deputado polo distrito de Ribadeo e pola provincia de Lugo (1850-1852) e intendente xeral de Cuba (1854-1856). Foi gobernador civil da Coruña e vicepresidente do Congreso. Escribiu Proyecto de bancos agrícolas para las provincias de Galicia y Asturias (1853), Informe sobre el estado en que halló a los colonos pobres de Galicia el hambre que los afligió durante el año 1853 (1853) e La Isla de Cuba considerada económicamente (1858). O seu irmán Manuel Pasarón Lastra (Castropol s XIX) foi xuíz en Ordes, secretario da Audiencia da Coruña e deputado pola provincia de Lugo (1854-1856).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Castropol -
Deceso
Lugar : Madrid