Pascal, Blaise

Pascal, Blaise

Matemático, físico, filósofo e escritor francés. Con dezaseis anos elaborou o Essai pur les coniques (1640) e pouco tempo despois unha máquina de calcular que foi a admiración dos seus contemporáneos. Foi, xunto con Fermat, un dos fundadores do cálculo de probabilidades. Dentro do campo da física, inspirou ou ben fixo directamente numerosos experimentos relativos á presión atmosférica e á transmisión da presión nun medio líquido incompresible. Das reflexións sobre estes fenómenos xurdiron as obras Expériences nouvelles touchant le vide (1647) e De l’équilibre des liqueurs et de la pesanteur de la masse d’air (1648). Ligado ao ambiente xansenista de Port Royal, a súa obra filosófica Lettres de Louis de Montalte à un Provincial de ses amis et aux Révérends Pères Jésuites sur la morale et la politique de ces Pères (1656-1657), máis coñecida como Provinciales, revelouno como polemista nato no seu afán de rebaixar as pretensións dos xesuítas e de condenar o uso da casuística. De profundos sentimentos relixiosos despois da éxtase mística de 1654, recolleu apuntamentos e ideas co obxectivo de facer unha apoloxía do cristianismo, que despois da súa morte foron publicados co título de Pensées sur la religion et sur quelques autres sujets. Marcado polo pesimismo inherente ao xansenismo, influíu considerablemente nos séculos seguintes.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Clermont

  • Deceso

    Lugar : Ferrand, Auvernia

  • Deceso

    Lugar : París