Pascoli, Giovanni
Pascoli, Giovanni
Poeta italiano. Profesor das universidades de Messina, Pisa e Boloña, da súa visión angustiosa da vida naceu a súa lírica do fanciullo, en que reflectiu os seus estados de ánimo e os soños melancólicos. Foi poeta en lingua latina, e toda a súa obra en latín está reunida en Carmina (1914-1930), que recolle poemas sobre historia romana (Res romanae) e historia literaria romana (Liber de poetis), epigramas e poesías, e, finalmente, poemas de inspiración e temática cristiá, como Poemata christiana. Escribiu Myricae (1891), Poemetti (1897), Canti di Castelvecchio (1903), Canzoni di Re Enzio (1908), Nuovi poemetti (1909) e Poemi italici (1911).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : San Mauro di Romagna -
Deceso
Lugar : Boloña