Pašić, Nikola

Pašić, Nikola

Político serbio. Contrario á política da dinastía dos Obrenović, creou en 1877 o diario Samauprava (A Autonomía), que se converteu en órgano do partido radical serbio. Exiliado en 1883, volveu en 1889, coa abdicación do Rei Milan I de Serbia, e estableceu unha constitución democrática. Presidiu o goberno (1891-1892), pero debido á súa política rusófila tivo que deixar o poder. En 1903 acadou de novo o poder e continuou coa súa política, aspirando a crear un forte estado eslavo nos Balcáns baixo o predominio serbio. Levou o país ás Guerras Balcánicas (1912-1913) e á Primeira Guerra Mundial. En 1921 conseguiu a aprobación dunha nova constitución que aseguraba a supremacía de Serbia dentro do novo estado iugoslavo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Zaje&#

  • Deceso

    Lugar : Belgrado