pastel
(< fr antigo pastel)
-
s
m
Produto elaborado a base de masa de fariña, manteiga e azucre, aromatizada e cocida no forno, que se adorna ou reenche con crema, froita, chocolate ou outros ingredientes.
-
s
m
Preparación culinaria elaborada con diversos ingredientes como carne, peixe, ovos ou hortalizas, que se presenta frecuentemente nun molde coma se fose un pastel.
-
s
m
Asunto que se mantén oculto xeralmente para enganar a alguén ou sacar proveito dalgunha cousa.
Ex: Chegaron antes de tempo e descubríronlle o pastel.
-
s
m
[GRÁF]
Conxunto de caracteres tipográficos mesturados desordenadamente.
-
s
m
[ARTE]
Lapis feito con cores moídas e reducidas a pasta con goma arábiga, talco e caolín.
-
s
m
[ARTE]
-
Técnica pictórica que consiste na aplicación do pastel sobre papel xeralmente granulado, protexido cunha preparación de cola, pedra bruta e pos de mármore ou vidro. Acádanse uns tons suaves e aveludados. Son pinturas moi fráxiles e que resisten mal a humidade, a acción do sol, as vibracións e os movementos. H. Holbein xa a utilizaba e J. A. Thiele divulgouna por Alemaña. Os máis destacados artistas desta técnica foron M. Q. de la Tour, J. B. S. Chardin, J. B. Perronneau, R. Carriera, J. B. Greuze e F. Boucher.
-
Obra pictórica feita con esta técnica.
-
-
adx e s
m
Aplícase á cor suave e clara.