pastel

pastel

(< fr antigo pastel)

  1. s m

    Produto elaborado a base de masa de fariña, manteiga e azucre, aromatizada e cocida no forno, que se adorna ou reenche con crema, froita, chocolate ou outros ingredientes.

  2. s m

    Preparación culinaria elaborada con diversos ingredientes como carne, peixe, ovos ou hortalizas, que se presenta frecuentemente nun molde coma se fose un pastel.

  3. s m

    Asunto que se mantén oculto xeralmente para enganar a alguén ou sacar proveito dalgunha cousa.

    Ex: Chegaron antes de tempo e descubríronlle o pastel.

  4. s m [GRÁF]

    Conxunto de caracteres tipográficos mesturados desordenadamente.

  5. s m [ARTE]

    Lapis feito con cores moídas e reducidas a pasta con goma arábiga, talco e caolín.

  6. s m [ARTE]
    1. Técnica pictórica que consiste na aplicación do pastel sobre papel xeralmente granulado, protexido cunha preparación de cola, pedra bruta e pos de mármore ou vidro. Acádanse uns tons suaves e aveludados. Son pinturas moi fráxiles e que resisten mal a humidade, a acción do sol, as vibracións e os movementos. H. Holbein xa a utilizaba e J. A. Thiele divulgouna por Alemaña. Os máis destacados artistas desta técnica foron M. Q. de la Tour, J. B. S. Chardin, J. B. Perronneau, R. Carriera, J. B. Greuze e F. Boucher.

    2. Obra pictórica feita con esta técnica.

  7. adx e s m

    Aplícase á cor suave e clara.

Palabras veciñas

Pastaza | pasteca | pasteiro | pastel | pastelaría | pasteleiro -ra | pastelería