Pasternak, Boris Leonidovic

Pasternak, Boris Leonidovic

Escritor e tradutor. Doutorouse en Filosofía e Filoloxía pola Universidade de Moscova. Influído por R. M. Rilke, os seus primeiros poemas teñen un marcado carácter simbolista, como os publicados en Bliznec v tucakh (Un xemelgo nas nubes, 1914), Poverkh bar’erov (Máis alá das barreiras, 1917) e Sestra moja zizn (Miña irmá, a vida, 1922). As obras posteriores caracterízanse pola visión individual da realidade, a complexidade das imaxes e o refinamento da linguaxe, como Lejtenant Schmidt (O tenente Schmidt, 1926), Dev’at’sot p’atyj god (O ano 1905, 1927) e Vtoroje rozdenije (O segundo nacemento, 1932). En 1956 publicou Doktor Zhivago, retrato dos anos da guerra e da revolución. Como tradutor, realizou versións dalgunhas traxedias de Shakespeare, do Faust: Eine Tragödie de Goethe e de obras de poetas xeorxianos. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1958).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Moscova

  • Deceso

    Lugar : Peredelkino