pastor -ra

pastor -ra

(< lat pastore)

  1. s

    Persoa que pastorea o gando.

  2. [RELIX]
    1. s

      Ministro do culto na Igrexa Reformada ou Protestante.

    2. s m

      Guía espiritual, sobre todo o bispo e o sacerdote. OBS: Tamén se denomina pastor de almas.

    3. bo pastor

      bo pastor.

  3. [ZOOL]
    1. s m

      Can que coida o gando, especialmente as ovellas. OBS: Tamén se denomina can pastor.

    2. pastor alemán

      Raza de cans grande, duns 60 cm ata a cruz, que se caracteriza por presentar cabeza longa, fociño recto, longo e redondeado e orellas ergueitas e anchas na base. Teñen o pelo corto e duro e son de cor negra no lombo e parda no ventre. Emprégase en tarefas como rastrexador, gardián ou guía de cegos.

    3. pastor belga

      Raza de cans, duns 72 cm ata a cruz, que se caracteriza por presentar a cabeza longa e orellas ergueitas, triangulares e non moi longas. Son de cor variada, desde o roxo ata o negro. Empréganse, sobre todo, como cans de garda.

  4. pastor eléctrico

    Sistema de cables eléctricos que cercan un terreo para impedir que entren ou saian os animais.