Pastor Díaz, Premio Literario
Pastor Díaz, Premio Literario
[LIT]
Premio literario de novela convocado polo concello de Viveiro na memoria do político e escritor Nicomedes-Pastor Díaz Corvelle. Cunha periocidade bianual, nas súas diferentes edicións recibiron este galardón Clara Cristela Rodríguez (1992), Javier Lorenzo Oroza (1994), Lola González Roel (1996), Hixinio Puentes Novo (1998) e Francisco Antonio Vidal Blanco (2002).