Paterna del Campo

Paterna del Campo

Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado no sector S da provincia, no límite con Sevilla (3.858 h [2001]). A economía do termo baséase na agricultura e na gandaría. Conta tamén con industrias alimentarias e manufactureiras da madeira.