Pathet Lao

Pathet Lao

Movemento nacionalista laosiano creado en 1950 polo príncipe Sufanuvong. Foi unha coalición de nacionalistas e comunistas, que iniciou unha guerra de guerrillas anticolonial. En 1957 formou parte do primeiro goberno de coalición a través do seu órgano político, o Neo Lao Haksat, e venceu nas eleccións de 1958. Despois dun período de guerra civil, en 1975 transformouse no Phak Paxaxôn Pativat Lao (Partido Popular Revolucionario de Laos, PPPL), aboliu a monarquía e instaurou unha república de signo comunista.

Palabras veciñas

Pathānkot | Pathé | Pathé, irmáns | Pathet Lao | páthos* | Pathum Thani | Patiāla