Patiño, ducado e marquesado de
Título concedido por Filipe V en Nápoles en 1713 a Baltasar de Patiño Saavedra e Moscoso , señor do pazo de Vilalonga. Foi o herdeiro o seu fillo, o mestre de Campo Xoán Antonio de Patiño e Lamas de Soutomaior , que participou na Batalla de Rande (1702). O seu fillo Nicolao Patiño Silva e Soutomaior converteuse no III duque. O último duque foi Xoán de Dios Patiño e Acebedo , VI conde de Patiño, que viviu a principios do s XIX. O título ducal napolitano estivo vacante ata 1950, cando se rehabilitou como marquesado español por Carlos Martínez de Ourense e García , I marqués de Patiño. En 1964 Lucía Alcaraz Patiño reclamouno alegando maior dereito xenealóxico, e converteuse na II marquesa de Patiño. En 2002 converteuse en III marqués de Patiño o seu fillo Cesáreo Novoa Alcaraz .