Paton, Alan Stewart

Paton, Alan Stewart

Novelista e político sudafricano. Fundou e presidiu o Liberal Party (1953-1968). Consagrouse coa novela Cry, the Beloved Country (1948), levada á pantalla por Z. Korda (1952), á que seguiron Too Late the Phalarope (1953), Tales from a Troubled Land (1961), un conxunto de pequenas historias; e Ah, but Your Land is Beautiful (1981), en que analiza o tema racial. Loitou sempre pola causa liberal e o problema social do seu país con conferencias e artigos xornalísticos como “The Long View” (1968).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pietermaritzburg, Natal

  • Deceso

    Lugar : Durban