Paulino Freire SA, Construciones Navales
Paulino Freire SA, Construciones Navales
Empresa fundada en Vigo en 1895 por Paulino Freire. Comezou dedicándose á construción de barcos con cascos de madeira de deseño propio, provistos de equipos propulsores e auxiliares con patente propia. Co tempo especializáronse na construción de barcos con casco de aceiro de ata 160 m de eslora e na reparación e renovación de todo tipo de embarcacións, principalmente pesqueiros e remolcadores, pero tamén frigoríficos, portacolectores e buques de apoio e vixilancia.