Paulo

Paulo

Duque visigodo. De orixe bizantina, xurou fidelidade a Vamba cando este foi elixido rei en setembro de 672. Foi enviado por este para sufocar a revolta de Hilderico na Septimania pero uniuse a el e proclamouse rei do Oriente visigodo en 673 e fíxose coroar en Narbona. Foi capturado o 2 de setembro de 673 en Nimes e condenado a prisión perpetua, despois de serlle conmutada a pena capital. Coa deposición de Vamba (680) e a política conciliadora de Ervixio, recobrou a liberdade e os seus bens en 683.