Paulo VI

Paulo VI

Papa (1963-1978). De nome Giovanni Battista Montini, traballou con Pío XII e foi arcebispo de Milán (1954). Elixido cardeal por Xoán XXIII (1958), converteuse no seu sucesor. Deu un impulso decisivo ás tres últimas sesións do Concilio Vaticano II e asumiu plenamente o espírito deste, plasmado nas encíclicas Ecclesiam suam (1964) e Populorum progressio (1967). Máis controvertidas resultaron Mysterium fidei (1965), Sacerdotalis caelibatus (1967) e, sobre todo, Humanae vitae (1968). Creou o sínodo dos bispos e os secretariados para os non cristiáns e os non crentes, e deu vigor ás conferencias episcopais. Entre 1964 e 1970 emprendeu viaxes, de signo pacífico (ONU) e ecuménico (Xerusalén, Consello Ecuménico das Igrexas en Xenebra) e polo camiño diplomático interveu na resolución de diversos conflitos. Durante os derradeiros anos de pontificado viu acentuada a crise dogmática, disciplinaria e espiritual no interior do catolicismo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Concesio, Brescia

  • Deceso

    Lugar : Castel Gandolfo, Lacio