paurópodo -da

paurópodo -da

(< lat científico Pauropus,xénero de animais)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos paurópodos.

  2. s m [ANIMAL]

    Artrópodo da clase dos paurópodos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Clase de artrópodos, da superclase dos miriápodos, que presentan o corpo de pequeno tamaño, de 0,5 a 2 mm, dividido en 11 segmentos, dos que nove, do 2º ao 10º, presentan un par de patas. Na cabeza teñen dúas antenas bifurcadas, coas pezas bucais simples e febles, un par de mandíbulas non artelladas e un só par de maxilas máis ou menos fusionadas, e non teñen ollos. Son animais dioicos, coa abertura xenital entre as coxas do segundo par de patas. Carecen de aparato respiratorio e circulatorio diferenciado. Coñécense unhas 500 especies, que habitan en solos húmidos, entre as follas dos bosques de zonas temperadas e tropicais.

Palabras veciñas

pauperización | pauperizar | paupérrimo -ma | paurópodo -da | pausa | Pausada | pausado -da