Payá i Rico, Miquel
Payá i Rico, Miquel
Bispo de Cuenca (Ecuador) (1858-1875), arcebispo de Santiago de Compostela (1875-1886), capelán maior da raíña rexente María Cristina, arcebispo de Toledo (1886), cardeal (1877) e patriarca das Indias Occidentais (1886). Fundou o psiquiátrico de Conxo e obtivo a conversión do seminario de Santiago de Compostela en Universidade Pontificia, coa facultade de conferir graos académicos. Restaurou e impulsou as escavacións arqueolóxicas (1879) levadas a cabo por A. López Ferreiro e X. Labín Cabello na catedral de Santiago de Compostela, co propósito de atopar os restos do Apóstolo Santiago. Foi senador pola provincia de Gipuzkoa (1871-1872) e por dereito propio (1877).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Beneixama, Alacant -
Deceso
Lugar : Toledo