paz

paz

(< lat pace)

    1. s f

      Situación en que non hai guerras, conflitos nin enfrontamentos.

      Ex: O país está en paz desde que se aboliu a ditadura.

    2. s f

      Estado dun país que se caracteriza pola ausencia de conflitos ou de perturbacións da orde pública.

      Ex: Os países occidentais gozan dunha paz que parece duradeira.

    3. s f

      Estado dun grupo de persoas que se caracteriza pola ausencia de disensións ou preitos.

      Ex: Por fin, a paz chegou a aquela casa.

    4. paz de Deus [HIST]

      Prohibición eclesiástica de todo acto hostil contra persoas ou bens nunhas condicións determinadas, co fin de paliar as guerras privadas, frecuentes nos ss X e XI. Estableceuse por vez primeira nos concilios de Charroux (989) e Puy (990), onde se ditaron normas para protexer os máis desvalidos fronte á violencia dos poderosos. O Concilio de Poitiers (1000) promulgou a paz pública por amor de Deus e prohibiu que calquera tomase a xustiza pola man. Estendeuse por Francia e Flandres e convocáronse asembleas de bispos e nobres, que excomungaron e puxeron en dúbida os transgresores da paz.

  1. s f [BÉL]

    Tratado ou convenio polo que se pon fin a unha guerra.

    1. s f

      Benestar, sosego ou silencio que provén da ausencia de molestias, conflitos ou ruídos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Na casa onde non hai pan, non pode haber paz. Teñamos paz e chegaremos a vellos”.

      Ex: A paz do campo axudoulle a levar a súa enfermidade.

    2. s f

      Tranquilidade de ánimo ou espírito, non turbado pola paixón, a ansia ou o temor.

      Ex: Quedei en paz coa miña conciencia cando lle dixen a verdade.

    3. rito da paz [RELIX]

      Rito litúrxico que consiste en desexárense os fieis mutuamente a paz a través dalgún signo externo, como un ósculo ou unha aperta. O primitivo uso de bicarse, na Idade Media, foi exclusivo dos celebrantes, e ideou un instrumento (portapaz) para transmitir a paz entre os fieis.

Frases feitas

  • Deixar en paz. Non molestar.

  • Descanse en paz. Fórmula con que se desexa o repouso eterno a alguén que acaba de morrer.

  • En paz estea/descanse. Fórmula piadosa que segue á mención dun defunto.

  • Estar/Quedar en paz. Saldar as débedas dúas ou máis persoas.

  • Facer as paces. Reconciliarse dúas ou máis persoas.

  • Poñer en paz. Reconciliar.

  • Poñer paz. Calmar ou separar.

  • Ser a paz do mundo/Ser de boa paz. Ser ou ter alguén bo carácter.

Refráns

  • A paz e o pan quitan moitas penas.
  • Cando ti estiveres ca conde, non mates a horne, que morrerá o home e pagarás o conde.
  • Dixo o burro ás coles: ¡Pax vobis!.
  • Mate mauros que n poida, que os mauros tamén son persoas.
  • Na paz e na guerra o que matan marta queda.
  • Non hai paz entre a xente nin entre as tripas do ventre.
  • paz e paciencia e morte con penitencia.
  • Teñamos paz e a guerra téñaa quen queira.
  • Teñamos paz e chegaremos a vellos.
  • ¡Deus me dea paz na vila e na casa pan e fariña!