Paz Andrade, María Inmaculada

Paz Andrade, María Inmaculada

Física. Doutora en Física (1963) e catedrática da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudos no Institut de Calorimetrie et de Thermogenese de Marsella e en 1964 introduciu a microcalorimetría en España. Realizou traballos sobre termodinámica aplicada, diversos estudos calorimétricos e determinacións de calor específica de sólidos e líquidos. Coordinou o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o perigo de incendios forestais en Galicia e o proxecto THOR. Ademais, foi membro fundadora e presidiu, en dúas ocasións, o Comité Permanente da International Conference on Thermodinamics of Solution of non-electrolites; tamén presidiu a sección de Galicia da Real Sociedad Española de Física e o comité de dirección de EUROSTAR SCIENCE. É autora de La Era del vapor y el nacimiento de una nueva ciencia: la termodinámica (1990). Recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física (1992), o Premio Galicia de Investigación Antonio Casares y Rodrigo (1999) e a insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela (2000).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra