Pazos, Os
Pazos, Os
Construción situada en Cambados. Ten planta rectangular, dous andares e unha torre de tres alturas, con gárgolas en tres arestas e rematada cun antepeito ameado e cornixa. Accédese a través dun portal rematado en arco de medio punto, sobre o que aparece o escudo de armas, inclinado sobre o eixe vertical.