Pazos, ponte vella de

Pazos, ponte vella de

Construción situada sobre o Regato da Fábrica (Lobios). Datada no s XIX, trátase dun pontillón alintelado de lousas graníticas sobre piares con tallamar arredondado. Conta con seis vans. Está situada no camiño de Portela a Fondevila.