Pazzi

Pazzi

Familia florentina. A súa orixe remóntase, segundo a lenda, a Pazzo di Rinieri , condottiere da Primeira Cruzada. Procedentes de Fiesole e partidarios dos güelfos, no s XIII destacou Iacopo de Pazzi , capitán dos florentinos en Montaperti (1260). Participaron na conxuración dos Pazzi, contra os seus rivais, os Medici, en 1478. Presionados polo Papa Sisto IV, intentaron asasinar a Giulano e a Lorenzo de Medici, sen conseguilo. Os responsables foron detidos e executados e o resto da familia desterrada. O seu nome está vinculado á capela dos Pazzi, construída por Brunelleschi no claustro do convento da Santa Croce de Florencia.