Pearse, Patrick Henry

Pearse, Patrick Henry

Escritor, educador e político. Coñecido, en irlandés, como Padraig Mac Piarais, organizou a New Ireland Society (1897) e estivo ligado á Gaelic League, onde dirixiu (1903-1909) o seu órgano de expresión, Claidheamh Soluis. En 1908 fundou o St. Enda’s College (Scoil Eanna) para intentar potenciar o irlandés como lingua de cultura mediante métodos pedagóxicos modernos. Foi comandante en xefe do exército durante a rebelión de 1916 e presidente do goberno provisional da República de Irlanda, pero foi executado na prisión de Kilmainham. Escribiu obras de teatro e poemas, e publicou varios contos extraídos dos antigos manuscritos irlandeses. Moitas das súas obras foron recompiladas en Collected Works (2 vol, 1917-1918).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Dublín

  • Deceso