Pecos, Los
Pecos, Los
[MÚS]
Grupo musical español formado polos irmáns Pedro José e Francisco Javier Herrero Pozo, que debutou profesionalmente en 1977. Nese mesmo ano, co seu tema “Esperanzas”, conseguiron os primeiros postos nas listas de vendas, que confirmaron cos discos Un par de corazones (1979) e Siempre Pecos (1980). Despois de máis dunha década de éxito en España, retiráronse en 1986. A finais da década de 1990 reapareceron coa recompilación dalgúns dos seus mellores temas e con novos traballos discográficos.